VIII CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES CORRENDO POLA COSTA DA MORTE 2023

FISTERRA

Lugar e horarios

15 de outubro de 2023 ás 10:15,
Diante da Lonxa, Fisterra (A Coruña)

  • 10:15 FILA 0 (Importe mínimo 1€)
  • 10:15 3K CONTRA O CANCRO (2007 e anteriores)
  • 10:17 SUB14 (10-11) / SUB16 (08-09) / SUB18 (06-07)
  • 11:00 ABSOLUTA 10K (2007 e anteriores)
  • 12:40 SUB12 (2012-2013)
  • 12:55 SUB10 (2014-2015)
  • 13:10 PITUFOS (2016-2020)

Presentamos a camiseta oficial do Circuíto

Despois de 7 edicións do Circuíto, o equipo organizador decidiu cambiar a filosofía en relación ao agasallo das camisetas conmemorativas: non se vai entregar unha camiseta en cada proba, senón unha única camiseta valorada en 18€, sublimada e totalmente personalizada para o noso Circuíto.

Esta camiseta será gratuíta para todos/as aqueles/as deportisatas que se inscriban como corredores do circuíto.

Os corredores de carreira que a queiran adquirir deberán pagar o prezo de venda da mesma (11,00€) no momento de realizar a inscrición de carreira. Os corredores de Circuíto deberán indicar a talla da camiseta no momento de realizar a inscrición.

Debido a que se trata dunha camiseta totalmente personalizada, o proceso de elaboración das mesmas será de entre 4 e 5 semanas despois de pechadas as inscricións de Circuíto, polo tanto non estarán dispoñibles para a primeira proba.

No momento en que estean dispoñibles notificarase para que os/as deportistas sexan coñecedores da carreira ou carreiras nas que se van poder recoller.