Aviso de cookies

Estoy de acuerdo Este sitio web guarda pequeños fragmentos de información (cookies) en su dispositivo con la finalidad de ofrecer un mejor contenido y para finalidades estadísticas. Usted puede desactivar el uso de cookies modificando la configuración de su navegador. Navegar por nuestro sitio web sin cambiar la configuración del navegador hace que usted nos esté autorizando a guardar esta información en su dispositivo.

Novidades do Circuíto 2020, Correndo pola Costa da Morte

Feb 05, 2020

Unha das novidades máis importantes nesta nova edición serán os prazos de inscrición. Para os corredores dos Circuítos 10K, 3K Contra o Cancro e Circuíto de Categorías Base o prazo de inscrición pechará o luns día 2 de marzo ás 23:59h. O prazo de formación de equipos tamén vencerá o luns día 2 de marzo ás 23:59h.
O prezo para a inscrición nos Circuítos 10K e 3K Contra o Cancro será de 35€+chip no suposto de non posuílo.
Os participantes de Carreira nestas probas terán ata o mércores anterior á proba ás 23:59h e correrán con chip no dorsal. Neste suposto hai 2 prazos de inscrición ata luns anterior á proba ás 23:59h 8€+1€ de chip e ata mércores anterior á proba ás 23:59h 11€+1€ do chip.
 
CATEGORÍAS BASE: para participar no circuíto das diferentes categorías, excepto pitufos (que non teñen a posibilidade de participar en circuíto), inscribirse no circuíto será gratuíto.
Os prazos de inscrición serán os mesmos que para adultos, Circuíto ata luns día 2 de marzo ás 23:59 e para participante de Carreira, mércores ás 23:59h, estes correrán con chip no dorsal.
 
A organización tomou a decisión de incorporar novos xeitos de participación nas probas 10k e 3k Contra o Cancro:
Na VII edición permitirase que todos/as os/as interesados/as podan competir nas carreiras 3K (categoría absoluta) e 10K (categorías sénior, M40 e M50), ben como corredores/as de Circuíto ou ben como corredores/as de carreira.
 
Para poder facelo deberán inscribirse en ámbolos dous Circuítos ou carreiras.
 
(Suposto 1) ATLETA QUE SE INSCRIBE NOS DOUS CIRCUÍTOS: No caso de que un atleta se inscriba nos dous Circuítos correrá co mesmo dorsal e chip en ámbolos dous.
 
(Suposto 2) ATLETA QUE SE INSCRIBE NUN CIRCUÍTO E NUNHA CARREIRA: No caso de inscribirse como corredor de Circuíto nun deles e como corredor de carreira no outro, terá un dorsal e chip de circuíto e ademais un dorsal e chip de carreira que deberá recoller na carreira en cuestión.
 
(Suposto 3) ATLETA QUE SE INSCRIBE NA PROBA 3K E NA PROBA 10K NUN CONCELLO DETERMINADO: No caso de que un/unha corredor/a que non está inscrito/a en Circuíto e queira correr as carreiras 3K e 10K dun determinado concello tamén poderá facelo. Neste suposto deberá facelo cun dorsal e chip distinto para cada unha delas.
 
En calquera dos supostos anteriores o/a atleta recibirá unha única camiseta conmemorativa.
 
O circuíto este ano contará con Terio Carrera como speaker, e queremos aproveitar para agradecer publicamente a Jesús Silva a súa implicación no mesmo, durante estes catro anos, tanto como speaker, como xuíz árbitro das diferentes carreiras do circuíto, nas que fixera as dúas funcións e así llo transmitimos aos responsables da F.G. Atletismo e a el mesmo, solicitando a posibilidade de que el fose o xuíz árbitro de todas as probas do circuíto 2020, agardamos que poda darse esta situación.