A VII Carrera Pedestre de Camariñas amplía o prazo de inscrición

Mar 11, 2018

Debido ao adiamento da VII Carreira Pedestre Concello de Camariñas para o domingo 25 de marzo por mor do paso do temporal "Félix", a organización decidiu ampliar o prazo de inscrición ata o luns 19 de marzo, tanto para as inscricións de Carreira como as de Circuíto e para a formación de equipos. Todos aqueles que esteades interesados pero aínda non estades inscritos podedes facelo en www.championchipnorte.com