Modificación do Regulamento no relativo á formación de equipos

Mar 01, 2018

Resumimos os puntos 9 e 14 que afectan á modificación do regulamento no relativo á formación de equipos.

9. COMPETICIÓN POR EQUIPOS
9.1 Os/as atletas poderán participar na competición por equipos, sempre e cando estean
inscritos na competición individual de circuíto na modalidade 3K Contra o Cancro ou 10K
(agás categorías adpatadas).
9.2 Formación de equipos: Poderán formarse os seguintes equipos atendendo ao xénero dos
seus compoñentes:
• Equipos femininos: compostos integramente por atletas femininas.
• Equipos masculinos: compostos integramente por atletas masculinos.
• Equipos mixtos: compostos por atletas masculinos e femininos.
9.2.1 Todos os equipos terán que estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 10
corredores.
9.2.2 Os equipos mixtos deberán, ademais, seguindo a seguinte correlación:

5 ou 6 compoñentes: 2 mulleres ou homes como mínimo
7 ou 8 compoñentes: 3 mulleres ou homes como mínimo
9 ou 10 compoñentes: 4 mulleres ou homes como mínimo
9.3 Inscricións: Para formalizar as inscricións por equipo podedes ler as instrucións que
aparecen no seguinte enlace https://championchipnorte.com/ayuda/formar-equipos
9.4 O prazo de inscrición rematará o mércores día 7 de marzo de 2018 ás 23:59 horas. A
partir de dita data non se poderán realizar máis inscricións por equipos e tampouco se
poderán facer modificacións nos integrantes dos equipos.
9.5 Para poder optar ao premio económico terá que haber un mínimo de 3 equipos na
categoría. De non ser así, o equipo poderá competir e recibirá o trofeo que o acredita como
campión da súa categoría na gala final, pero non recibirá premio económico. Considerarase a
un equipo como inscrito dende o momento en que tres dos seus compoñentes (como mínimo)
puntúen na primeira proba do Circuíto.

14. CLASIFICACIÓNS E TROFEOS/MEDALLAS DO V CIRCUÍTO CORRENDO POLA COSTA DA
MORTE

14.3 Clasificacións por equipos:
14.3.1 Destinarase a premios unha cantidade de 600€ en vales a cambiar por material
deportivo na tenda de deportes Aurora Sport para os equipos campións das distintas
categorías (feminino, mixto, masculino) nos Circuítos 10K e 3K Contra o Cancro.
14.3.2 O importe final de cada un dos vales dependerá do número de equipos con dereito
a premio económico ao remate do Circuíto. Se houbese 6 equipos con dereito a premio
económico (tres por categoría e Circuíto) cada un deles levaría un vale por valor de 100€
en material deportivo. Se algunha das categorías quedase deserta e o número de equipos
con dereito a premio fose menor, os 600€ repartiríanse de maneira proporcional entre
eles.