Orgullo, alegría e solidaridad na gala «Correndo pola Costa da Morte»

Dec 18, 2017

Vimianzo converteuse onte no epicentro do deporte da Costa da Morte. A Casa da Cultura presentou un abarrote histórico para disfrutar da gala anual do atletismo da comarca: os premios Correndo pola Costa da Morte. Este circuito de carreiras pedestres, que arrancou en marzo en Camariñas e rematou en novembro en Fisterra, despois de pasar por oito concellos, supuso o broche final a unha edición marcada pola emoción, a solidariedade e por que non dicilo, pola reivindicación dun deporte que cada día gaña máis adeptos na comarca.

Os 72 atletas de todas as idades que, con esforzo e empeño, consiguiron completar as dez probas da competición, foron os primeiros protagonistas da noite. Un esforzo recompensado cun diploma conmemorativo e, sobre todo, o aplauso dos que saben valorar o que supón adicar parte do día a día a adestrar. Xa o dixo Javier Novo, premio especial polo fomento do atletismo: «Animo a toda a xente a facer deporte porque todo este esforzo realizado e darlle más sentido á vida».

Despois, chegou o momento para os máis pequenos. Os tres primeiros clasificados de cada categoría base recibiieron un trofeo. O paso siguiente foi recoñecer o traballo dos deportistas que, de maneira individual ou en equipo, obtiveron as mellores marcas nas carreiras de tres y dez quilómetros. Pero o momento máis emotivo foi o premio a Luis Miguel Bardanca, campión da categoría adaptada. A súa frase, lapidaria: «Grazas a todos os que me apoiaron en cada carreira para que non me rendera». Toda una declaración de intencións, que fixo extensivas a Sara Vieites, verdadeira alma mater e icono deste circuito.

Na gala tamén se fixo entrega dun cheque por valor de 6.092 euros á xunta provincial de A Coruña da Asociación Española contra  Cancro.

Paula Esteiro, ganadora da carreira absoluta de tres quilómetros na categoría feminina e por equipos, clausurou, a través de videoconferencia, a gala, tomando o relevo de Susana Castiñeira no cargo de madriña do circuito. Irma Macías e Joaquín Rama foron os encargados de poñer o tono musical á gran festa.

 

Fonte: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/vimianzo/2017/12/16/orgullo-alegria-solidaridad/0003_201712C16C8991.htm