Cambio de data da IX Carreira Pedestre Concello de Vimianzo

Feb 18, 2019

Por mor da convocatoria para a celebración das eleccións xerais o domingo 28 de abril, o concello de Vimianzo vese na obriga de modificar a data da IX Carreira Pedestre Concello de Vimianzo, que estaba prevista para ese mesmo día.

Despois de valorar varias opcións, e tendo en conta o saturado que está o calendario de probas, decidiuse que a nova data para a celebración da Carreira Pedestre de Vimianzo será o domingo 31 de marzo.

Desculpade o contratempo que o cambio de data pode supoñervos.