CLASIFICACIÓNS PROVISIONAIS DO CIRCUÍTO

Out 26, 2018

Clasificacións:

Unha vez rematado o V Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte publicamos a listaxe cos premiados individuais (3 primeiras/os clasificados en cada unha das categorías), así como dos equipos* campións en cada categoría. Así mesmo podedes consultar tamén a relación de de atletas que finalizaron as 10 probas do Circuíto, ás que se lle fará entrega dunha merecidísima medalla finisher.

Podedes consultar todas as clasificacións nesta ligazón 

Prazo de reclamacións:

Se unha vez consultadas as distintas clasificacións provisionais queredes facer algunha reclamación poderedes facelo enviando un email a reclamacion@correndopolacostadamorte.com ata o luns 5 de novembro ás 12:00 horas. Unha vez pechado o prazo non se admitirán máis reclamacións.

Diplomas:

Tamén vos lembramos que todos os atletas que completasen un mínimo de 7 carreiras do Circuíto poderán descargarse un diploma acreditativo que estará dispoñible no que figura o número de carreiras completadas, así como o voso posto xeral e por categoría. Para descargar o diploma podedes facelo pinchando sobre o voso nome na páxina de resultados na web do Circuíto www.correndopolacostadamorte.com

A opción "Descargar Diploma" atópase xusto debaixo da foto de usuario.

*Lembrade que na clasificación de equipos só teñen dereito a premio económico e trofeo o equipo campión en cuxa categoría houbese un mínimo de 3 equipos ao comezo do Circuíto (10 K mixto e masculino; 3 K mixto e feminino). Aquelas categorías nas que non se chegase ao mínimo de equipos, os gañadores terán dereito a trofeo, pero non a premio económico (10 K feminino; 3 K masculino).