As/os atletas que acrediten o certificado de vacinación COVID ou o certificado de ter realizado un test de antíxenos ou PCR negativa recibirán unha pulseira identificativa que deberán colocar no pulso. Sen esta pulseira non se poderá aceder á cámara de chamadas nin á zona de saída.
Carreiras 3K:
Nas carreiras 3K farase cámara de chamadas para as categorías infantil, cadete, xuvenil e absoluta coa finalidade de controlar o aceso á zona de saída das persoas que acreditaron o certificado de vacinación ou de ter realizado o test de antíxenos ou PCR.
A cámara de chamadas abrirase 30 minutos antes do inicio da carreira e para poder aceder á zona de saída será imprescindible levar no pulso a pulseira identificativa e o dorsal colocado en lugar visible (parte dianteira do torso). Sen eles non se permitirá o aceso á zona de saída.
Unha vez pechada a cámara de chamadas ningún atleta poderá aceder á zona de saída.
Coa finalidade de evitar aglomeracións na zona onde se coloque a “liña de retirada da máscara” faranse saídas por grupos do seguinte xeito:
Saída masculina absoluta.
Saída feminina absoluta.
Saída categorías base (infantil, cadete e xuvenil).
Carreiras 10K:
Nas carreiras 10K farase cámara de chamadas para as categorías sénior e veteranos coa finalidade de controlar o aceso á zona de saída das persoas que acreditaron o certificado de vacinación ou de ter realizado o test de antíxenos ou PCR.
A cámara de chamadas abrirase 30 minutos antes do inicio da carreira e para poder aceder á zona de saída será imprescindible levar no pulso a pulseira identificativa. Sen ela non se permite o aceso á zona de saída.
Unha vez pechada a cámara de chamadas ningún atleta poderá aceder á zona de saída.
Coa finalidade de evitar aglomeracións na zona onde se coloque a “liña de retirada da máscara” faranse saídas por grupos do seguinte xeito:
Saída masculina.
Saída feminina.
No caso de que haxa participación de atletas en cadeira de rodas, farase unha saída previa, específica para eles.
Recollida de dorsais, chips e camisetas
Categorías infantil, cadete, xuvenil, sénior e veterano:
A recollida será persoal e non poderán facela terceiras persoas.
Para a recollida de dorsal, chip e camiseta nestas categorías deberán amosar a seguinte documentación:
Certificado europeo de vacinación COVID. No caso de corredores de circuíto vacinado só terán que presentar o certificado de vacinación na primeira carreira que participen.
No caso de non estar vacinado deberá presentar o certificado da realización dun test de antíxenos ou PCR negativo cunha antelación máxima de 72h á celebración da proba. No caso de corredores de circuíto será preciso que presenten dito certificado en cada unha das carreiras nas que participen.
DNI.
As/os atletas menores de idade deberán entregar ademais a autorización de participación debidamente cuberta e asinada pola nai, pai ou titor legal. (Enlace de descarga)
Categorías pitufo, benxamín e alevín:
A recollida será persoal e só poderá facela o interesado ou a nai/pai ou titor legal.
Non será preciso que acrediten estar vacinados nin test de antíxenos ou PCR xa que deberán correr con máscara.
As/os atletas menores de idade deberán entregar a autorización de participación debidamente cuberta e asinada pola nai, pai ou titor legal. (Enlace de descarga)
Uso da máscara durante a competición
Categorías infantil, cadete, xuvenil, sénior e veterano:
Deberán levar a máscara posta dende a saída ata a “liña de retirada da máscara”
Unha vez superada a “liña de retirada da máscara” poderán quitala e gardala (está prohibido tirala).
Unha vez que cheguen á meta deberán volver a colocar a máscara que lle entregue o persoal da organización ou a súa propia.
Categorías pitufo, benxamín e alevín:
Deberán correr coa máscara posta en todo momento.
Resultados e videochegadas
Cómo podo ver os meus resultados en edicións anteriores deste evento?
Todos os resultados dispoñibles neste evento estarán no apartado resultados diferenciados por edción. Búscate no ano correspondente por apelidos e accede a túa ficha de tempos, diploma, videochegafa, etc.
SOPORTE TÉCNICO
Recomendamoste usar a APP de Correndo pola Costa da Morte