5° das probas que compoñen o CircuÍto " Correndo pola Costa da Morte".
Con saída e chegada na Praza do Concello, a VII Carreira Pedestre Concello de Zas discorre polas parroquias de Zas, Castro, Vilar e Lamas, rodeando o Monte do Castro e levando aos atletas por estradas asfaltadas e pistas de terra entre praderías e vexetación, facendo desta unha das carreiras máis "verdes" de todo o Circuíto.
Sen ser excesivamente dura, si que é unha proba esixente, sobre todo no seu tramo final cun último quilómetro en lixeiro ascenso ata chegar á meta na Praza do Concello.
6 de xuño de 2020 ás 16:50,
Rúa Progreso, Zas
(A Coruña)
PROXIMAMENTE TODA A INFORMACIÓN