APRAZADA - CARREIRA DE DUMBRÍA

APRAZADA - CARREIRA DE DUMBRÍA

Descrición

La Carrera de Dumbría destaca en su recorrido por la variedad de superficies. Los participantes deberán completar dos vueltas sin apenas desnivel, con asfalto en su mayoría, pistas de tierra y camino Xacobeo.

Lugar e Horarios

23 de maio de 2020 ás 17:00,
INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCO, DUMBRÍA (A CORUÑA)

Competicións

Información adicional

APRAZAMENTO

Ante a actual situación de estado de alarma decretada polo goberno a organización do VII Circuíto Correndo pola Costa da Morte informa:

1. A VI Carreira pedestre Concello de Dumbría (23/05/2020) queda aprazada.

2. Dada a situación de incerteza non consideramos oportuno publicar posibles datas alternativas para a celebración das probas aprazadas ata que coñezamos cando se poderá retomar a celebración de eventos deportivos.

3. A organización do Circuíto tentará por todos os medios celebrar as 10 probas que o compoñen unha vez que a situación se normalice. No suposto de vernos obrigados a aprazar máis probas, tentaremos dar a solución oportuna a cada unha delas e ao Circuíto no seu conxunto.

4. No caso de que finalmente as circunstancias non permitan levar a cabo a celebración do VII Circuíto Correndo pola Costa da Morte, a organización informará sobre os procedementos a seguir para que os inscritos nos circuítos 3K e 10K poidan recuperar a parte proporcional das cotas de inscrición.

Seguiremos informando segundo evolucione a actual situación.

Agradecemos a vosa comprensión e esperamos que todas/os vos atopedes ben de saúde.

#EuQuedoNaCasa