Comunicado

May 03, 2021

CANCELACIÓN DO 7º CIRCUÍTO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE 2020

04/06/2020 | Dende a organización do Circuíto de Carreiras Correndo pola Costa da Morte, comunicámosvos a cancelación da presente edición 2020 pola imposibilidadede celebrar as diferentes probas programadas dentro do mesmo (xa iniciado o pasado mes de marzo en Camariñas) pola crise sanitaria do COVID-19

Esta decisión foi adoitada en base ás instrucións fixadas polo Ministerio de Sanidade para evitar a propagación do COVID-19, así como a celebración de eventos que supoñan a aglomeración dun elevado número de persoas.

Esperamos retomar o circuíto para o vindeiro ano 2021, cando as autoridades pertinentes así o determinen.

Nos próximos días, dende a plataforma de inscrición, procederase á devolución automática de 31,50€ a todos/as os/as corredores/as de circuíto 3k e 10k nas tarxetas de débito/crédito coas que fixo o pago (non é preciso solicitala).

Para cualquera dúbida ou consulta dirixirse ao enderezo electrónico consulta@championchipnorte.com

Con estas medidas a organización desexa sumar esforzos no obxectivo común de previr, na medida do posible, a expansión do virus salvagardando especialmente a saúde da poboación máis vulnerable.

Animámosvos a que sigades facendo exercicio físico dun xeito seguro e responsable, e agardamos contar coa vosa participación na vindeira edición.

Moito ánimo e ata pronto.

 

RECOMENDACIÓNS PARA A VOLTA A CORRER

28/04/2020 | O día 2 de maio, é posible que se nos permita a volta a correr polas rúas, estradas, montes..., cunha serie de restricións que virán marcadas polos órganos competentes.

Todas as persoas que nos gusta levar a cabo dita actividade deberíamos ter en conta, salvo certas excepcións, que vimos de estar máis de 40 días sen poder facelo e por iso mesmo corremos o risco de que as gañas nos produzan unha mala xogada en forma de lesión. Ademais non debemos nin podemos esquecernos, que o punto de forma do que partimos na actualidade, non ten nada que ver co que tiñamos ao principio do confinamento

Por estas razóns decidimos elaborar unha serie de recomendacións para retomar a vida de CORREDOR/A:

  • Quentar ben a nivel articular antes de comezar.
  • Antes de iniciar fai algún exercicio de forza de tren inferior, como por exemplo zancadas ou ½ sentadilla, multisaltos e incluso planchas de abdominais, técnica de carreira (skipping, talóns aos glúteos..)
  • Á hora de comezar o tempo de carreira, debes empezar moi amodo, ritmo moi baixo e ir subindo dito nivel en función das sensacións ou se levas pulsómetro, nunca por enriba do 70% da túa Fcmáxima. Tamén é moi efectivo facer alterno camiñar-correr. Exemplo: despois de quentar ben corro 10' suaves e camiño 1' e isto repítoo durante 3-4 ciclos.
  • Non te esquezas de estirar.

Lembrade que quedan moitos días e moitas horas para poder desfrutar e ser impacientes pode vir acompañado de LESIÓNS, que xa era o que nos faltaba. Dende aquí tamén queremos pensar en todas aquelas persoas que aproveitando esta oportunidade, pensan que poden empezar a correr sen telo feito en demasiadas ocasións. As normas que recomendamos son as seguintes:

  • Quentar ben a nivel articular antes de comezar.
  • Antes de iniciar fai algún exercicio de forza de tren inferior, como por exemplo zancadas ou ½ sentadilla, planchas de abdominais.
  • Á hora de comezar empeza andando a ritmo alto durante 9' e corre 1' e así durante 4 ciclos. Non é necesario correr, andar a un bo ritmo é un traballo de resistencia aeróbica marabilloso.
  • Non te esquezas de estirar.

RESPECTA AS NORMAS QUE NOS MARQUEN, UN SAÚDO E ÁNIMO, XA FALTA MENOS

 

Ante a actual situación de estado de alarma decretada polo goberno a organización do VII Circuíto Correndo pola Costa da Morte informa:

20/04/2020 | Aprazamento das probas de Mazaricos e Dumbría: A V Carreira pedestre Concello de Mazaricos (10/05/2020) e a VI Carreira pedestre Concello de Dumbría (23/05/2020) quedan aprazadas.

20/03/2020 | O Concello de Vimianzo ven de comunicarnos o aprazamento da súa proba, prevista para o domingo 19 de abril. A nova data para a celebración do evento será o domingo 4 de outubro, sempre que as autoridades competentes nos autoricen a súa celebración. Para a elección da nova data tívose en conta o actual calendario de carreiras programada a día de hoxe no entorno máis próximo.

Dada a situación de incerteza non consideramos oportuno publicar posibles datas alternativas para a celebración das probas aprazadas ata que coñezamos cando se poderá retomar a celebración de eventos deportivos.

A organización do Circuíto tentará por todos os medios celebrar as 10 probas que o compoñen unha vez que a situación se normalice. No suposto de vernos obrigados a aprazar máis probas, tentaremos dar a solución oportuna a cada unha delas e ao Circuíto no seu conxunto.

No caso de que finalmente as circunstancias non permitan levar a cabo a celebración do VII Circuíto Correndo pola Costa da Morte, a organización informará sobre os procedementos a seguir para que os inscritos nos circuítos 3K e 10K poidan recuperar a parte proporcional das cotas de inscrición.

Seguiremos informando segundo evolucione a actual situación.

Agradecemos a vosa comprensión e esperamos que todas/os vos atopedes ben de saúde..

#EuQuedoNaCasa