Lembra confirmar asistencia á V Carreira Concello de Muxía

Jul 09, 2018

Lembrade que os innscritos no Circuíto 3k contra o cancro (categoría absoluta) e ops inscriteo en categoría 10f (categorías senior, M40, M50 e adaptada) debedes de confirmar asistencia a 5ª Carreira Popular Concello de Muxía para poder ter dereito á camiseta conmemorativa da proba.

O feito de nor confirmar asistencia non vos vai a impedir participar na proba, pero nese caso non teredes dereito á camiseta conmemorativa.

O prazo de confirmación remata o luns 9 de xullo as 11:59 horas, e podedes facelo en www.campionchipnorte.com.

Informamos tamén dun cambio nos percorridos das carreiras de 3k e 10 k. O circuíto será o mesmo pero en dirección inversa, polo que a subida más exisente sará o empedrado da Virxe da Barca baixando así toda a pendiente da Rúa Atalaia.