NOTICIAS

Comunicado

Mai 03, 2021

CANCELACIÓN DO 7º CIRCUÍTO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE 2020 04/06/2020 | Dende a organización do Circuíto de Carreiras Correndo pola Costa da Morte, comunicámosvos a cancelación da presente edición 2020 pola imposibilidadede celebrar as diferentes probas programadas dentro do mesmo (xa iniciado o pasado mes de marzo en Camariñas) pola crise sanitaria do COVID-19 ...

Novidades do Circuíto 2020, Correndo pola Costa da Morte

Feb 05, 2020

Unha das novidades máis importantes nesta nova edición serán os prazos de inscrición. Para os corredores dos Circuítos 10K, 3K Contra o Cancro e Circuíto de Categorías Base o prazo de inscrición pechará o luns día 2 de marzo ás 23:59h. O prazo de formación de equipos tamén vencerá o luns día 2 de marzo ...

Cambio de data da IX Carreira Pedestre Concello de Vimianzo

Feb 18, 2019

Por mor da convocatoria para a celebración das eleccións xerais o domingo 28 de abril, o concello de Vimianzo vese na obriga de modificar a data da IX Carreira Pedestre Concello de Vimianzo, que estaba prevista para ese mesmo día. Despois de valorar varias opcións, e tendo en conta o saturado que está o calendario ...

Video Carreira de Camariñas

Feb 11, 2019

Video Carreira de Camariñas

Enquisa de valoración do Circuíto

Out 26, 2018

Unha vez rematado o V Circuíto queremos coñecer a túa opinión sobre certos aspectos do mesmo para tratar de mellorar de cara á edición 2019. Para elo gustaríanos que contestases unha serie de preguntas que teñen que ver coa túa valoración e outros aspectos organizativos. Non che levará máis de un minuto contestar e para ...

CLASIFICACIÓNS PROVISIONAIS DO CIRCUÍTO

Out 26, 2018

Clasificacións: Unha vez rematado o V Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte publicamos a listaxe cos premiados individuais (3 primeiras/os clasificados en cada unha das categorías), así como dos equipos* campións en cada categoría. Así mesmo podedes consultar tamén a relación de de atletas que finalizaron as 10 probas do Circuíto, ás ...

Lembra confirmar asistencia á V Carreira Concello de Muxía

Xul 09, 2018

Lembrade que os innscritos no Circuíto 3k contra o cancro (categoría absoluta) e ops inscriteo en categoría 10f (categorías senior, M40, M50 e adaptada) debedes de confirmar asistencia a 5ª Carreira Popular Concello de Muxía para poder ter dereito á camiseta conmemorativa da proba. O feito de nor confirmar asistencia non vos vai a impedir ...

Camiseta conmemorativa da carreira de Cee

Xuñ 12, 2018

Esta será a camiseta conmemorativa da V Carreira Pedestre Concello de Cee. Todos os participantes das Carreira 10 K e 3 K Contra ou Cancro (absoluta) recibirán unha, pero lembra que se es corredor de Circuíto deberás confirmar asistencia á carreira para poder recibir a túa camiseta. O prazo de confirmación finaliza o luns 18 ...

Camiseta conmemorativa da proba vimiancesa

Abr 13, 2018

Esta é a camiseta conmemorativa da VIII Carreira Pedestre Concello de Vimianzo. Todos os participantes das Carreira 10 K e 3 K Contra ou Cancro (absoluta) recibirán unha, pero lembra que se es corredor de Circuíto deberás confirmar asistencia á carreira para poder recibir a túa camiseta. O prazo de confirmación finaliza o luns 16 ...

Novo percorrido homologado 10K

Abr 13, 2018

Vídeo promocional onde se describen os aspectos clave do novo percorrido homologado para a Carreira 10K. Serán 2 voltas a un percorrido de 5 km con moi pouco desnivel e menos xiros que o anterior. Ver percorridos da VIII Carreira Concello de Vimianzo

A VII Carrera Pedestre de Camariñas amplía o prazo de inscrición

Mar 11, 2018

Debido ao adiamento da VII Carreira Pedestre Concello de Camariñas para o domingo 25 de marzo por mor do paso do temporal "Félix", a organización decidiu ampliar o prazo de inscrición ata o luns 19 de marzo, tanto para as inscricións de Carreira como as de Circuíto e para a formación de equipos. Todos aqueles ...

COMUNICADO DA VII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS

Mar 09, 2018

Á vista das previsións meteorolóxicas, publicadas pola Axencia Estatal de Meteoroloxía, nas que se establece un nivel de alerta laranxa para a zona Oeste da Coruña, con ventos que superan os 110 km/hm, e en base ao establecido no regulamento da proba no seu punto 5.5, a organización da carreira decide APRAZAR a proba para ...

Modificación do Regulamento no relativo á formación de equipos

Mar 01, 2018

Resumimos os puntos 9 e 14 que afectan á modificación do regulamento no relativo á formación de equipos. 9. COMPETICIÓN POR EQUIPOS 9.1 Os/as atletas poderán participar na competición por equipos, sempre e cando estean inscritos na competición individual de circuíto na modalidade 3K Contra o Cancro ou 10K (agás categorías adpatadas). 9.2 Formación de ...

Video promocional da Septima carreira Concello de Camariñas

Feb 28, 2018

Video promocional da Septima carreira Concello de Camariñas  

Camiseta da VII Carreira Concello de Camariñas

Feb 27, 2018

Esta será a camiseta da VII Carreira Pedestre Concello de Camariñas. Lembra que tes ata o luns 5 de marzo para inscribirte en www.championchipnorte.com

Runners.es e o Circuíto

Feb 20, 2018

Estamos de noraboa, a prestixiosa revista runners ven de facer unha reseña na súa páxina web sobre o V Circuíto Correndo pola Costa da Morte. Podedes velo premendo neste enlace

Orgullo, alegría e solidaridad na gala «Correndo pola Costa da Morte»

Dec 18, 2017

Vimianzo converteuse onte no epicentro do deporte da Costa da Morte. A Casa da Cultura presentou un abarrote histórico para disfrutar da gala anual do atletismo da comarca: os premios Correndo pola Costa da Morte. Este circuito de carreiras pedestres, que arrancou en marzo en Camariñas e rematou en novembro en Fisterra, despois de pasar por ...

MADRIÑA DO CIRCUÍTO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE 2018

Dec 14, 2017

Durante a Gala estará presente a actual madriña do Circuíto, Susana Castiñeira, que lle pasará o testemuño á madriña do Circuíto 2018. Foi unha difícil elección xa que dentro do Circuíto hai deportistas con méritos máis que sobrados para ser padriños ou madriñas da vindeira edición. Os éxitos deportivos colleitados ao longo do 2017 fixeron ...

Estes son os gañadores do sorteo

Dec 14, 2017

Estes son os gañadores do sorteo #tempococacolapodologiamiguel que serán obsequiados durante a celebración da Gala 2017 cun vale canxeable por un estudio biomecánico da pisada por cortesía de Podología Miguel. Fran Pais Fondo, Gabriel Castiñeira Pais, Raluca Mihaela Poenar e Rafael Quintáns Canosa. Non faltedes á gala!!!

PREMIOS ESPECIAIS CIRCUITO COSTA DA MORTE 2017

Dec 14, 2017

Todos os anos se concede algún Premio Especial a entidades, clubs ou persoas que consideramos que merecen un recoñecemento especial. Club Olimpia, Sara Vieites, ou Luís Miguel Bardanca son algúns dos concedidos ata agora.  Nesta edición vanse conceder tres Premios Especiais: PREMIO ESPECIAL Á SUPERACIÓN a IVÁN SEGADE CAROU. Atleta que leva participando dende fai ...