Aviso de cookies

Estoy de acuerdo Este sitio web guarda pequeños fragmentos de información (cookies) en su dispositivo con la finalidad de ofrecer un mejor contenido y para finalidades estadísticas. Usted puede desactivar el uso de cookies modificando la configuración de su navegador. Navegar por nuestro sitio web sin cambiar la configuración del navegador hace que usted nos esté autorizando a guardar esta información en su dispositivo.

PREMIOS ESPECIAIS CIRCUITO COSTA DA MORTE 2017

Dec 14, 2017

Todos os anos se concede algún Premio Especial a entidades, clubs ou persoas que consideramos que merecen un recoñecemento especial. Club Olimpia, Sara Vieites, ou Luís Miguel Bardanca son algúns dos concedidos ata agora. 

Nesta edición vanse conceder tres Premios Especiais:

PREMIO ESPECIAL Á SUPERACIÓN a IVÁN SEGADE CAROU. Atleta que leva participando dende fai moito tempo en carreiras do noso Circuíto e que padece unha discapacidade visual producida por unha dexeneración de retina. Iván carece de visión central e só pode guiarse coa chamada visión periférica. A pesares das dificultades Iván segue participando en multitude da carreiras cuns resultados espectaculares.

PREMIO ESPECIAL AO FOMENTO DO ATLETISMO NA COMARCA a JAVIER NOVO BUJEIRO.
Consideramos oportuno recoñecer a labor dun gran profesional do mundo do atletismo na comarca como é Javier Novo. A súa ilusión e o seu traballo fixeron que moitas persoas se animasen a participar por primeira vez nunha carreira. Ademais dirixe a deportistas máis experimentados a acadar os obxectivos marcados. E sobre todo, vive o atletismo.

PREMIO ESPECIAL AO PATROCINIO DEPORTIVO NA COMARCA a INDUSTRIAS CERDEIMAR.
No Circuíto temos varios patrocinadores aos que lle estamos moi agradecidos polo seu apoio. De todos eles, o primeiro que apostou polo proxecto e se involucrou de cheo no Circuíto foi Industrias Cerdeimar. Consideramos axeitado recoñecer e poñer en valor o seu concepto de responsabilidade social corporativa. Porque valoramos o apoio aos diferentes eventos deportivos, tanto na comarca como fóra dela e pola especial predisposición a apoiar ao Circuíto Correndo pola Costa da Morte .